Títeres
Obradoiros de creación:
Títeres
Estes obradoiros teñen moita aceptación dentro do público infantil xa que traballamos con materiais e técnicas novedosas para el@s. Temos varias posibilidades:
OBRADOIROS DE TITERES FABRICADOS CON COMIDA: Empregamos alimentos como elementos de fabricación dos títeres. O resultado é un monicreque orgánico e ademáis comestible, dándolle o neno outra visión máis amena da alimentación.
OBRADOIROS DE TITERES DA DIVERSIDADE: Empregamos a excusa da construcción de monicreques de diversos materiais para traballar o concepto da diversidade cos nen@s. Non tódalas persoas teñen os mesmos rasgos nin o mesmo ton de pel. Desta maneira o nen@ aprende a observalo mundo que o rodea e a contemplalo sen prexuizos.
OBRADOIROS DE TITERES RECICLADOS: Empregamos materiais en desuso como botellas, tapóns, botóns rotos, tubos de cartón...etc, para traballar o concepto de reciclaxe. O nen@ aprende a reutilizar materiais en desuso contribuindo desta maneira o obxectivo ecolóxico de aforro de enerxia e materias primas.







