Nadal
Para a próxima tempada de Nadal manteremos a montaxe "Conto de Nadal" de Dickens e ampliaremos o cartel cunha nova peza "A fábrica de xoguetes" creación orixinal da compañía.
"Conto de Nadal"
Conto dramatizado e interactivo con monicreques e interpretado por tres actores. Os nen@s participantes axudarán o protagonista da historia a recuperar a ilusión polo Nadal. Guiad@s por un narrador realizarán unha viaxe imaxinaria na que os monicreques cobran vida no guiñol.
"A fábrica de xoguetes"
A obra desenrólase no obradoiro de xoguetes de Papa Noel no Polo Norte onde o seu axudante “Pechilo” decide organizar unha folga para conseguir que cando se pense no Nadal consideremos a todos aqueles que o fan posible: os traballad@res. Papa Noel e os seus axudantes reuniranse para chegar a un acordo pero... conseguirán que os agasallos dos nen@s de todo o mundo cheguen a tempo o seu destino?

