Contacontos
Os contos teñen un enorme valor educativo porque favorecen a comunicación, a adquisición de vocabulario, a formación en valores, o desenrolo da imaxinación e a creatividade, ademáis de ser un bo entretenimento, poden realizarse de xeitos diversos, contados ou dramatizados.
Poden ser:
TEMATICOS: Ambientais, Magosto, Nadal, Entroido…
CONTOS EN VALORES: A formación de hábitos e realización de actividades dirixidas a formar valores, deben desenrolar sentimentos e vivencias.
CONTOS POPULARES GALEGOS:Con eles queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Aqui atoparás historias da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que deben de seguir vivindo na nosa memoria colectiva.


